O Sindicato Labrego Galego acolleu de xeito positivo o anuncio do Ministerio de Agricultura de reducir o límite do número de machos de vacún subvencionábeis por explotacións de 90 a 60 reses.
Deste xeito, lexislarase a favor das pequenas explotacións familiares e se lle quitarán privilexios aos cebadeiros industriais, causantes dun problema de sobreprodución por riba dos dereitos que ten o Estado Español que trae canda si penalizacións no importe da prima para vacúns machos que afectan a todos os produtores por igual. Outra das medidas anunciadas consistirá, precisamente, en que as explotacións que soliciten axudas deste tipo para menos de trinta reses non sufrirán as devanditas penalizacións.
Ambas medidas –reducción a sesenta dos xatos subvencionábeis por explotación e non penalización das explotacións que soliciten menos de trinta primas- compleméntanse e cumpren cunha das demandas históricas do Sindicato Labrego Galego. Neste senso, cómpre lembrar que foi o SLG a única organización agraria galega que defendeu na Mesa da Carne de Vacún, en Galiza, este tipo de accións a finais da década dos noventa, debido a que os outros sindicatos tiñan demasiado interese en non prexudicar aos cebadeiros industriais.
Nembargantes, a pesar do positivo da medida, dende o SLG bótase de menos que o Goberno non fixese unha mención especial e específica ao tipo de explotación que se vai beneficiar destas medidas. Para o Sindicato Labrego, é evidente que as beneficiarias deberían ser explotacións de tipo extensivo con reses lactantes.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.