O Sindicato Labrego Galego quere manifestar o seu rexeitamento ao arquivo xudicial do caso do enterramento irregular de vacas afectadas pola Encefalopatía Esponxiforme Bovina (EEB) en Mesía, no ano 2000.
Pouco despois desta acción, en xaneiro de 2001, o Sindicato Labrego denunciou, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), aos daquela responsábeis das consellerías de Agricultura, Medio Ambiente e Sanidade: Cástor Gago, Carlos del Álamo e Xosé María Hernández Cochón. O TSXG remitiu entón a denuncia ao Xulgado de Primeira Instancia de Ordes, que agora arquiva a causa.
Dende o SLG, criticamos o arquivo da denuncia, pois seguimos considerando que naquel enterramento de vacas non se respectaron todas as medidas de seguridade necesarias; ademais, nin daquela, nin actualmente, está permitido enterrar animais, polo que o suceso de Mesía foi claramente irregular e vulnerou a lei. Incluso a mesma resolución xudicial, a pesares de arquivar a causa, recoñece que o enterramento se fixo dun xeito “precipitado”. Diante disto, dende o Sindicato Labrego Galego estudiarase a posibilidade de emprender novas medidas xudiciais en oposición a este arquivo.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.