Xóvenes Agricultores acordou hoxe esixir das empresas lácteas que retomen de inmediato a recollida de leite, pois neste momento a capacidade de almacenaxe dos productores está prácticamente esgotada e nalgúns casos, xa tiveron que desprenderse do leite. De seguir así os gandeiros galegos terán que desfacerse a diario de 6,5 millóns de litros de leite. E o pior é que a situación tende a agravarse xa que a partir do luns a convocatoria do paro será a nivel nacional.
Xóvenes Agricultores entende que no caso de que as industrias non retomen a recollida, deberán facer fronte igualmente ó pago do leite, xa que os productores non son os responsables do transporte ata a empresa, senón que na relación contractual as súas obrigas finalizan coa entrega na propia explotación.
Ademais das perdas económicas inmediatas, uns 2 millóns de euros ó día en Galicia no sector lácteo, estanse a crear un serie de graves problemas medioambientais e de sanidade animal. De feito, a persistencia da folga de transportes provocará a escaseza de materias primas e traerá consigo un reducción da producción e unha serie de problemas sanitarios no gando, coa conseguinte dificultade na recuperación da producción normal das explotacións.
Esta situación ven a agravar máis ainda a difícil situación dos gandeiros de leite, que están a soportar uns prezos moi baixos, e ademais acaban de facer un importante desembolso no pago da multa láctea e nas compras efectuadas ó Fondo de Cotas.
No referente o sector cárnico hai que dicir que, nestes momentos, está igualmente paralizado debido a folga, tendo que manter os animais nas granxas, co conseguinte aumento do custo e a previsible baixada de prezos cando acudan ós mercados un maior numero de animais, unha vez se normalice a situación. Igualmente, o sector de hortalizas está a padecer importantes perdas pola imposibilidade de conservación dos productos.
Polo demáis, 2.000 afiliados de Xóvenes Agricultores acudirán o vindeiro sábado ós actos de protesta convocados por ASAJA en Salamanca “Pola superviviencia do campo”. A manifestación, ás 12 en Porta Zamora, aproveitará a Cume Iberoamericana, para protestar polo encarecemento do carburante e en demanda dun gasóleo agrícola, así como para denunciar a falla de dirección na política agraria en España, e dadas as consecuencias que poden ter as decisións que se tomen nas negociacións do Comercio a nivel mundial. Antes efecturáse un reparto de productos agrarios ó prezo que cobran os agricultores en orixe.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.