Xóvenes Agricultores reclamará que a sede da Interprofesional Láctea Española (INLAC) se lle adxudiquen a Galicia, primeira productora leiteira do Estado. Dase a circunstancia, anecdótica si se quere, que a INLAC ten a súa sede en Madrid, onde hai 117 productores de leite fonre os 17.000 de toda Galicia.
A petición baseáse, en primeiro lugar, en que máis do 56% dos productores están en Galicia, case o 34% da producción tamén está en Galicia e si non nos poñen demasiados atrancos é moi probable que ambas proporcións aumenten ó noso favor en breve tempo. En canto á industria, hai que dicir que tódalas grandes firmas, nacionais ou multinacionais que operan en España teñen recollida en Galicia ou se abastecen de leite galega.
Ademais, nestes momentos, das catro organizacións que representan na interprofesión á parte productora, tres delas, Xóvenes Agricultores-ASAJA, UPA e CCAE, teñen un representante galego, tal e como cabería agardar en función do peso específico que Galicia posue no sector.
Por todo o exposto, dende Xóvenes Agricultores-ASAJA Galicia procuraremos por todos os medios e buscaremos todo tipo de apoios —incluidos o das demais organizacións agrarias e as cooperativas— para conseguir traer para Galicia a interprofesional láctea (Inlac). De feito, solicitaráse o respaldo da Consellería de Medio Rural xa que ainda que o propio conselleiro prefire unha interprofesión autonómica, a opción de liderar a Interprofesión en todo o Estado non debería desagradarlle. Compre engadir que Galicia xa é a sede dunha interprofesional española, a do atún (INTERATUN), unicada en Vigo.
Por outra banda, compre ter en conta que, na actualidade, existen en España vinte interprofesionais agroalimentarias de moi variados sectores, unhas con maior dimensión que outras, pero con independencia da súa dimensión están radicadas en diferentes Comunidades.
Concretamente a metade das interprofesionais se ubican fora da capital do reino. Despois da Comunidad Autónoma de Madrid, Cataluña é a que máis sedes de interprofesionais acolle ainda tratándose de produccións que abranguen todo o territorio nacional. Porque todos entendemos que a interprofesional do viño da Rioxa estea en Logroño.
Santiago, 27 de decembro de 2005
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.