En relación coa inspección levada a cabo nunha empresa leiteira de Santa Comba, Xóvenes Agricultores quere informar á opinión pública que:
1) Non se trata dun problema de sanidade senón unha mera cuestión administrativa.
2) Todo o leite que se produce en Galicia conta con tódalas garantías sanitarias contempladas tanto na normativas española como europea, senón ademais o leite galego un referente de calidade no sector lácteo español
3) De todos é sabido que as explotacións lácteas galegas vense na obriga de producir moitas veces por riba da cota asignada, algo que se da dentro da legalidade, e o único efecto negativo é contra o propio gandeiro cando se ve na obriga de pagar multas.
4) Xóvenes Agricultores entende que -salvo que existan outros motivos- non ten sentido o desplegue levado a cabo pola Audiencia Nacional porque se pode crear unha alarma social innecesaria.
5) Finalmente, entendemos que deben quedar cubertas as garantías dunha normal recollida e pago do leite aos productores que poidan verse afectados, tendo en conta que se trata dun producto perecedeiro. Santiago, 25 de xaneiro de 2007
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.