Os 176 gandeiros afectados debátense agora entre deixar as cousas como están, e perder tamén a cota que lles correspondía da Reserva Nacional, ou presentar unha reclamación e perder a cota da Reserva, o pago único correspondente, os cartos da cota comprada, a cota comprada, e pagar a multa da campaña 2005/06.
Como queira que o incidente agocha tamén que o Ministerio e a Consellería non actuaron coordinadamente senón que dende Madrid impuxeron o criterio de retirar as cotas prometidas, dende Xóvenes Agricultores enténdese que as discrepancias entre as administracións en ningún caso poden repercutir sobre os gandeiros, acuciados como están pola suba de prezos dos cvombustibles e fertilizantes e a baixada nos pagos que reciben en orixe polos seus produtos.
Aproveitando un caso tan drástrico e traumático temos que insistir en que o Ministerio de Agricultura non está manexando a problemática das cotas adecuadamente. Eliminou o seu libre intercambio entre produtores e impuxo un plan lácteo que fai augas por todas partes, e que tal y como Xóvenes Agricultores veu anunciando dende a súa aparición, demostrouse incapaz de seguir o ritmo das explotacións galegas que son mas dinámicas co sistema que se lles intenta impor a forza.
Insistimos finalmente en que dende o poder estase a xogar coas boas intencións dos gandeiros que pensaban incorporan algún mozo ou moza á súa explotación e agora atópanse sen xoven e sen cota. E entre tanto non damos cuberto a cota nacional, abandónanse as explotacións e desertízase o rural.
Santiago, 13 de junio de 2007
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.