Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / XXAA: Facenda prexudica gravemente aos gandeiros galegos, que pagarán 25 millóns de euros máis

           

XXAA: Facenda prexudica gravemente aos gandeiros galegos, que pagarán 25 millóns de euros máis

05/07/2007

Finalizado o prazo para efectuar as Declaracións da Renda do ano 2006, o Ministerio de Economía e Facenda non modificou finalmente, tal e como solicitara Xóvenes Agricultores, a Orde que fixaba as normas polas que se rixe a Estimación Obxectiva, máis coñecida como sistema de “módulos”, e que afecta á gran maioría dos agricultores e gandeiros de Galicia.

Balance Campaña Renda 2006

Xóvenes Agricultores ven de finalizar a súa Campaña de elaboración das declaracións da Renda nas súas oficinas de toda Galicia. Detéctase un claro incremento das Declaracións positivas, que pasan de ser un 15, 84% do total no 2005, a un 28, 29 % no 2006 (case que o doble)

Observase igualmente un descenso das amortizacións, consecuencia clara da non renovación no sector agrario e da falla de inversións nas explotacións existentes. Este índice negativo nos indica que asistimos a un fin de ciclo con graves consecuencias negativas no Rural. As colaterais repercusións económicas negativas en sectores económicas vencellados á agricultura e o propio descenso no número de explotacións pode acelerar o grave proceso de despoboamento de determinadas zonas rurais.

Da análise das Rendas efectuadas no sistema de Estimación Directa (Ingresos –Gastos) conclúese que os agricultores xestionan cada vez millor as súas explotacións. Co nivel de ingresos conxelado respecto do ano anterior –non aumentan os prezos dos productos agrarios-, e pese a un importante incremento dos gastos de producción, os rendementos netos son superiores en 2006 respecto a 2005. A nota negativa a pon o Ministerio de Economía e Facenda, que cada vez grava máis as explotacións.

Xóvenes Agricultores denuncia que o sector agrario está atravesando por delicados momentos debido ó aumento do costo de inputs coma os pensos, os fertilizantes, o gasóleo e os seus derivados, o subministro eléctrico e mesmo as cotizacións á Seguridade Social Agraria. A pesares disto, o Goberno aprobou e mantivo uns índices de cotización en Renda inaceptables que gravaron a carga fiscal dos productores.

Polo que repecta o Sistema Estimación Obxectiva, máis coñecida como sistema de “módulos ou índices”, as repercusións fiscais son moito máis graves.

O módulo do leite pasou de 0,23 a 0,42; o do bovino de cría de 0,18 a 0,37; e o do bovino de carne mantívose no 0,26. En consecuencia, cada agricultor viu cando menos duplicado o importe a pagar na súa Declaración da Renda.

O sector lácteo resultou ser o máis perxudicado:

• Exemplo real para unha explotación media de 30 vacas de leite que dispón de 140.000 quilos de cota láctea, considerando que o declarante fai a declaración conxunta co seu cónxuxe:

COMPARATIVA RENTA ACTIVIDAD AGRARIA POR INDICES OU MODULOS 2005-2006

CONXUNTA

2006 2005
LITROS RESULTADO COTA LIQUIDA RESULTADO COTA LIQUIDA

LITROS 140.000
INGRESOS 40.600 1.785 2.597 430 1.242
AMORTIZA 7.000 138 950 -812 0
GASOLEO/FERTILIZANTES 2.000 -26 786 -812 0
OUTROS INGRESOS 6.000
RETENCION 812

Observamos pois como no que sería unha explotación láctea coa cota media de Galicia pasamos dunha devolución de 826 euros na renda de 2005, a unha devolución de 26 euros. É decir, se pasa de ter unha cota líquida cero no 2005 a pagar 786 euros no 2006.

Esta situación resulta especialmente grave en explotacións de maior dimensión, con cotas máis próximas ás medias europeas, e cara as que imos avanzando ano tras ano en Galicia

• Exemplo real para unha explotación cunha cota láctea de 3000.000 quilos de cota láctea, considerando que o declarante fai a declaración conxunta co seu cónxuxe:

2006 2005
LITROS RESULTADO COTA LIQUIDA RESULTADO COTA LIQUIDA
LITROS 300.000
INGRESOS 87.000 7.609 9.349 2.577 4.317
AMORTIZA 15.000 2.816 4.556 -1.252 488
GASOLEO/FERTILIZANTES 5.500 2.288 4.028 -1.506 234
OUTROS INGRESOS 13.000
RETENCION 1.740

Neste caso vemos como na cota líquida , e que en definitiva resulta ser o que a explotación cotiza fiscalmente no ano a Hacienda, a diferencia entre o 2005 e o 2006 é de case 4.000 euros.

Hai que ter en conta que mentras que o prezo de leite se mantivo no 2006 nos niveis do 2005, os custos de producción aumentaron en máis dun 20 %, polo que, como moito, os módulos tiñan que continuar nos niveis do 2005

Dado que en Galicia temos actualmente unhas 14.000 explotacións lácteas, e dado o carácter progresivo da cotización fiscal en Renda, os productores lácteos veñen de cotizaren a Facenda 15.000.000 de euros mais que no ano anterior.

Capítulo aparte merecen os casos dos agricultores xubilados.

Pese a que os xubilados da agricultura perciben pensións do nivel máis baixo, e polo tanto non estarían obrigados a presentar a Declaración da Renda, en moito casos se ven forzados a ter que facelo, e o que é peor, a maoría son positivas e teñen que pagar.

Este é o caso de xubilados obrigados a declarar por subvencións agrícolas ás que teñen dereito, ben dun seguro de gando, de axudas PAC, etc.

Se da así o caso de matrimonios xubilados, que sen acadar o mínimo nivel de ingresos para ter que declarar, por cobrar unha subvención de 600 € teñen que pagar a Facenda 699,39 € na Declaración da Renda. E por riba, os seus fillos agricultores, non poden deducir polo concepto de ascendentes que conviven.

Mención especial merecen as persoas acollidas ó Cese Anticipado Agrario.

Por cuestións presupuestarias da Consellería de Medio Rural, e pese a que lles corresponde unha indemnización anual igual ata a edade normal de xubilación, estánselles a efectuar ingresos anuais desiguais regresivos. Desta forma, veñen cobrando importes moito máis altos nos 2-3 primeiros anos a partir da concesión do Cese Anticipado. Dado que Facenda lles aplica o criterio de caixa anual, a carga fiscal neses anos resunta inxusta e inasumible.

Xóvenes Agricultores ven solicitando insistentemente que se aplique o criterio de indemnización anual aprobada, independentemente do criterio de pago, que non depende en absoluto do interesado.

Situación actual. Ano Fiscal 2007

A situación fiscal para o ano 2007 se presenta ata este momento con escuras perspectivas para os agricultores

No sistema de Estimación por Módulos, ata o momento non están aprobadas as deducción do 15% polo incremento dos gastos do gasóleo e fertilizantes, nin o 2% de reducción do Rendemento Neto.

Xóvenes Agricultores insiste en que o baremo de módulos ten que ser rebaixado xa que o cálculo do Rendemento Neto se basa no importe das vendas, e non noutros factores como é o habitual no resto de actividades económicas acollidas ao sistema de módulos. Dado que o nivel de gastos aumenta porcentualmente ano a ano, o nivel dos índices debe ser menor.

Tampouco en Estimación Directa se contempla ata a data a reducción do 10 % por gastos de difícil xustificación

Outro dos graves problemas co que nos imos atopar este ano é o dos casos de cobro de 2 Pagos Únicos de axudas PAC, debido a que a Consellería de Medio Rural deixou para ó final do primeiro ano de aplicación do novo sistema de Pago a determinadas explotacións. Así, moitas sociedades civís titulares de explotacións, así como as explotacións sometidas a inspección rutinaria por parte de Medio rural, van percibir dous pagos únicos (2006 e 2007) no presente ano, coas conseguintes consecuencias fiscais negativas.

Santiago a 4 de xullo de 2007

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • Crece la producción mundial de leche en 2025 y con previsión de que siga creciendo 12/09/2025
  • ¿Cuál es el precio que han pagado las principales industrias lácteas de la UE en abril? 08/09/2025
  • Vuelven a bajar las entregas y los precios en junio 02/09/2025
  • Italia sube al segundo puesto como mayor exportador mundial de queso 15/07/2025
  • El consumo mundial de lácteos continuará creciendo en la próxima década 11/07/2025
  • España, a la cola de la UE en precio de la leche pese a ser un país deficitario 10/07/2025
  • León: subida de 3 céntimos en el litro de leche mientras las ganaderías siguen en retroceso 10/07/2025
  • El mercado lácteo global se enfría: Rabobank anticipa moderación de precios y aumento de riesgos 07/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo