Tras manter unha xuntanza en Teixeiro (A Coruña) cunha vintena de persoas afectadas pola estafa dos seguros agrarios, o Sindicato Labrego Galego creou unha plataforma para dar cobertura legal e asesoramento a toda a xente da Galiza vítima deste delicto.
Os datos actuais indican que hai 524 persoas afectadas no noso País e en Asturias, das cales unhas 140 son galegas. O montante total da estafa podería ascender a dous millóns de euros entre os casos asturianos e da Galiza, aínda que dada a complexidade do labirinto financeiro desta fraude é difícil dar unha cifra exacta e definitiva.
A equipa xurídica creada polo Sindicato Labrego Galego para dar cobertura á plataforma de afectad@s está traballando en coordinación cos avogados da Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) que levan o caso en Asturias.
Dende o Sindicato Labrego Galego, faise un chamamento a todos os afectados para que contacten con calquera oficina da organización agraria para organizar unha defensa coordinada e efectiva dos seus intereses e dereitos. Cómpre sinalar que moitas vítimas da estafa están nunha situación de desamparo total ao carecer de documentos –pólizas, préstamos bancarios, etcétera que xustifiquen os cartos que perderon, polo que sería indispensábel que contactasen coa plataforma o máis urxentemente posible.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.