O sindicato Unións Agrarias ven de pechar, tras dunha intensa negociación, coa Consellería de Medio Rural o desbloqueo das partidas das axudas do programa de contratos de explotacións sostibles (CES) a gandeiros fundamentalmente de carne e de zonas desfavorecidas.
Froito deste acordo acadado nesta mañá nunha reunión dos secretarios de Servizos e de Agricultura e Ganderías extensivas de UUAA, Oscar Pose e Xosé Ramón González co director xeral de Produción Agropecuaria, José Álvarez Robledo, as explotacións recibirán unha inxección económica de preto de 12 millóns de euros nun momento crucial para a súa supervivencia dados os fortes incrementos nos custes dos pensos, fertilizantes e enerxía.
As solicitudes que serán atendidas son os CES correspondentes ao ano 2009, que aínda estaban sen liquidar, e as novas solicitudes ou ampliacións feitas no 2010. Para cada unha destas casuísticas están previsto un orzamento de 6 millóns de euros. No marco da reunión, fixouse que os pagos das axudas se fixera de xeito inmediato dado o retraso que acumulan e a necesidade que teñen as explotacións de liquidez, polo que Unións Agrarias agardará vixiante que os acordos muden en feitos e os gandeiros perciban as axudas que lle corresponden.
UUAA viña denunciando a irresponsabilidade que se estaba a producir coas axudas do CES tendo en conta que o seu obxectivo e revitalizar zonas xeográficas con dificultades específicas fundamentalmente explotacións de carne.
Do mesmo xeito para o sindicato resultaba intolerable que despois de que gandeiros que solicitaron estas subvencións e levaran a cabo unha serie de investimentos para cumprir cos estritos compromisos esixidos nesta convocatoria se viran agora sen a axuda prometida e coa súa economía máis debilitada. Máxime tratándose de fondos cofinanciados desde o MARM e a UE, nos que a Xunta de Galicia investise pouco máis de 500.000 euros.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.