O secretario xeral da organización profesional agraria Xóvenes Agricultores-ASAJA Galicia, Francisco Bello, mantivo un encontro co comisario europeo de Agricultura, Dacian Ciolos, quen se entrevistou co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Neste encontro tamén estivo presente José Manuel Silva, director xeral de Agricultura da Comisión Europea.
Bello planteoulle a Ciolos que os gandeiros galegos apostan por unha reforma da PAC que aporte máis recursos financieros, que garanta a rendas dos agricultores e manteña o actual nivel de axudas, a fin de asegurar a pervivencia de explotacións competitivas. A PAC, segundo dixo Bello, debe promover a cohesión nos territorios, ten que servir para fixar poboación nas zonas rurais, preservar o medio e contribuír a loitar contra o cambio climático, proporcionando á sociedade alimentos sans e de calidade.
O responsable de Xóvenes Agricultores aproveitou tamén a ocasión para manifestarlle ao comisario a persistencia de problemas de fondo no sector lácteo galego, aínda cun diferencial de prezos negativos con outras zonas europeas, comportamentos atípicos das industrias que non se corresponden cunha política de lealtade nas relacións interprofesionais e, mesmo, cun exceso de celo por parte das autoridades de Competencia, que afecta negativamente aos gandeiros.
Bello valorou moi positivamente a intervención do presidente da Xunta diante do comisario europeo, pola súa firmeza na defensa dos intereses dos gandeiros e agricultores galegos diante das futuras modificacións da UE para o conxunto do mundo rural.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.