Unións Agrarias reclama da Consellería do Medio Rural a ampliación do prazo de inscrición de equipos de tratamentos fitosanitarios e de distribución de fertilizantes no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola, (ROMA).
Tal como se está constatando os últimos días nas oficinas do sindicato a grande maioría dos produtores descoñecen que a data para apuntarse ao citado rexistro finaliza o vindeiro día 15 do presente mes de Xullo co que é previsible que moitos equipos queden fora. Os titulares de explotación que non teñan estes equipos inscritos sufrirán penalizacións, que poden chegar ao 3%, na axudas pendentes da PAC.
A organización agraria reclama da Xunta de Galicia unha información individualizada aos produtores toda vez que os mecanismos presentes non acadaron resultados minimamente aceptables. Do mesmo xeito UUAA está trasladar de xeito urxente un aviso aos produtores para que se acheguen as oficinas do sindicato para coñecer a especificidades do equipos a rexistrar.
Os equipos que deben incorporarse ao rexistro son tódalas máquinas de tratamentos fitosanitarios accionadas por un tractor e carretillas cunha capacidade maior de 100 litros. Do mesmo xeito teñan que estar inscritos tódolos equipos de distribución de fertilizantes.
UUAA, lémbralle a Consellería de Medio Rural a importancia de que os produtores teñan en regra os seus equipos para evitar sancións
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.