O sindicato Unións Agrarias instou á Xunta de Galicia a que desenvolva de xeito inmediato unha política de accións que contribúan a dotar ao gandeiro de maior superficie produtiva. A organización sindical fixo este chamamento este mércores no marco do Consello Agrario como medida imprescindible de punto de partida ante as axudas da nova PAC que se está deseñando en Bruxelas na que a superficie será protagonista no pago das subvencións.
A organización sindical salientou que noutras Comunidades Autónomas están a incrementar a superficie útil produtiva mentres que en Galicia estase a reducir.
Ademais, fronte á previsión da PAC de considerar agricultores a aqueles que demostren un 5% dos seus ingresos proceden desta actividade, UUAA demanda que as axudas comunitarias primen os produtores con actividade a tempo completo.
UUAA presentou no Consello Agrario unha serie de alegacións á nova PAC solicitando que esta inclúa unha serie de medidas de control de mercado co obxectivo de reducir a volatilidade dos prezos.
Ademais, demandou a necesidade de que a nova política agraria común teña acoplado o maior número de axudas posibles capaces de contribuir a resolver os problemas de viabilidade que están a sufrir as explotacións galegas.
Finalmente, UUAA lamenta que as axudas comunitarias vexa reducido o seu orzamento nun 11% e solicitou que as instancias europeas reconsideren esta cuestións, xa que na actualidade, o agro galego está a sufrir unha das peores crises económicas con repercusión futuras.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.