• Contacto
  • separador
  • Anuncios clasificados
  • SUSCRÍBETE
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión
Sección con el apoyo de

A Galicia eólica pagará mais pola electricidade que as cidades

18/09/2012

Unións Agrarias e a Asociación de Propietarios de Terrenos Eólicos, Ventonoso, veñen de denunciar a actitude hipócrita da Xunta de poñer unha falsa fiscalidade ás empresas eólicas, xa que tanto o Canon Eólico, como o ITP que se lle pretende cobrar as empresas, será repercutido no recibo da luz de particulares e empresas galegas, por decisión do Real Decreto do 14 de xullo. Esto implicará que os desembolsos que teñan que facer as empresas eólicas para pagar ambos impostos, serán inmediatamente cobrados das empresas galegas e particulares galegos, vía recibo da luz. Deste xeito un gandeiro galego pagará máis pola luz, que un gandeiro de Asturias que consuma a enerxia producida en Galicia, ou que un madrileño.

Na actualidade a Xunta de Galicia está a proceder a tramitación administrativa dos 90 parques autorizados no último concurso eólico da Administración Feijoo, coa exposición pública dos mesmos. Segundo palabras de José Antonio Diéguez Presidente de Ventonoso “unha cousa é que estén sacando o carnet de conducir, e outra que compren o coche, xa que o feito de que se estean a tramitar, e incluso que se autoricen, non implica que se vaian a executar”.

A actitude da Xunta é unha fuxida cara adiante para gañar tempo, pois os parques adxudicados son inviables na actual coxuntura. Por unha banda segundo a decisión do Goberno central en xaneiro, non terán dereito a primas, co cal os seus ingresos descenderán alomenos nun 40% con respecto das previsións de cando se presentaron os proxectos. Esto implicará a imposibilidade de executar os plans empresariais asociados, o que leva asociada a perda da autorización dos parques eólicos.

Por outra banda a inseguridade xurídica é total, toda vez que no mes de agosto se publicou sentenza do TSXG onde a empresa Aucosa gañaba o recurso pola anulación do seu proxecto eólico presentado no concurso do bipartito, recoñecendo o alto tribunal a súa legalidade, abrindo a porta a percepción de idemnizacións millonarias, e indicando a existencia de “posible delicto de desviación de poder” no proceder da Xunta. Nun país como Alemaña implicaría o cesamento de Javier Guerra e a dimisión de Feijoo.

Asemade Unións Agrarias e Ventonoso José Antonio Diéguez sinalou graves incumplimentos na tramitación dos parques eólicos, tales como o incumplimento do artigo 44 da Lei eólica de Galicia, que sinala a necesidade de buscar acordos cos propietarios dos terreos afectados e a xustificación de por qué non se deu chegado ao mesmo, antes de proceder á solicitude de Utilidade Pública que abre nas portas ás exporpiacións, “se está a abocar aos propietarios dos terreos a un corralito exporpiatorio”, e asemade a falta de control sobre os planes empresariais das empresas, cuio incumplimento suporía a perda da concesión do parque, e as chapuzas nas faltas de coincidencia dos proxectos autorizados, cos listados de propietarios afectados.

O fracaso do Plan Eólico galego suporía a perda de 5.300 millóns de euros de investimento privado en plans empresariales, o 15% dos mesmos ubicados no rural galego, e a perda de 2.100 postos de traballos no rural, e 13.6 millóns de euros anuais en rentas de propietarios e Comunidades de Montes en concepto de arrendamento dos terreos.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

LOS MEJORES LLEVAN

12/03/2026

Fendt en el top del Barómetro de Imagen de los agricultores alemanes

25/02/2026

Dos tractores Fendt reciben los premios AE50 2026 en Norteamérica

24/02/2026

AGCO Iberia S.A. celebra su IV Convención de Concesionarios en Valencia

Lo último sobre INSUMOS AGRÍCOLAS

  • El bio-inhibidor NSAFE® de Fertiberia llega a Países Bajos y Alemania 18/03/2026
  • Las OPAs exigen a Planas soluciones reales al encarecimiento de la producción 17/03/2026
  • UPA denuncia ante la CNMC la subida de los precios de los insumos 17/03/2026
  • El vídeo viral de un operador sobre un dron agrícola que desata la polémica en Brasil 16/03/2026
  • El campo madrileño saca los tractores a la calle contra el alza del gasóleo 13/03/2026
  • Fendt en el top del Barómetro de Imagen de los agricultores alemanes 12/03/2026
  • 1.000 agricultores se plantan ante la especulación petrolera 11/03/2026
  • Denuncian un «atraco especulativo» al campo de 890 M€ 11/03/2026
  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • Twitter

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

¿Quieres estar al día de toda la actualidad del campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo