Unións Agrarias despois de coñecer as hoxe as declaracións da conselleira de Medio Rural, denuncia o cinismo electoral de Rosa Quintana ao afirmar que o modelo de contratos obrigatorios imposto polo Ministerio, vai a suponer a garantía para os gandeiros de percibir un prezo digno polo leite.
Parece descoñecer a conselleira que a práctica totalidade das explotacións galegas están producindo 8 ou 10 céntimos en litro por debaixo dos custes de produción, e que o diferencial con rexións produtoras tan alonxadas como Asturias, chega a ser de 4 ou 5 cts en litro. Neste contexto desde o sindicato lémbraselle que de aplicarse o vindeiro día 3 os contratos obrigatorios –non homologados posto que non hai posibilidade para os gandeiros de negociación- suporía consagrar para todo o ano uns prezos de miseria que farán colapsar a todo o sector primario en cuestión de poucos meses.
Unións Agrarias trasládalle a Rosa Quintana a dúbida de cómo se pretenden aplicar as pretendidas boas prácticas coas que industria e distribución agora se van a rexir, sen previamente desenvolver instrumentos como a arbitraxe que permita negociar en pe de igualdade aos gandeiros co resto do sector. Por outra banda, elementos chave para vertebrar o sector, como a posta en marcha das organizacións de produtores están en fases aínda moi primarias. Por non falar da pechazón da Xunta de Galicia a abrir unha Mesa do Leite que poña fin a venta a perdas por parte de Francia e o uso do leite como produto reclamo pola distribución. A conselleira de Medio Rural debe saber que xa en 2009 se anunciou outro código de boas prácticas polo sector industrial e grandes superficies que entre outras cousas iba a fixar de forma clara a orixe do leite que ata o de agora so foi papel mollado.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.