Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Vacuno / FRUGA: Unha mobilización do sector da carne o martes día 18 demandará o fin dos recortes nas axudas por parte da xXunta de Galiza

           

FRUGA: Unha mobilización do sector da carne o martes día 18 demandará o fin dos recortes nas axudas por parte da xXunta de Galiza

12/03/2014

En abril de 2008, a Consellería do Medio Rural (CMR) no goberno bipartito, sacaba unha liña de axudas destinada ao fomento de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos, en concordancia coas políticas que recomenda a Unión Europea: unha aposta por unha produción de alimentos sans e de calidade.

Deste xeito, a CMR e os titulares das explotacións gandeiras asumían durante cinco anos unha serie de compromisos: os/as gandeiros/as comprometíanse a cumprir medidas que fomentaban as razas autóctonas en base á superficie e, a cambio, a CMR comprometíase ao pago de ata 156 € anuais por animal reprodutor.

O Partido Popular, unha vez que asumiu o goberno galego, dado que non podía eliminar estas axudas, comezou un constante recorte dos importes que reciben os labregos/as (xa na campaña 2011 o retallamento chegou a un 45% sobre a cantidade inicial), pero foi na campaña correspondente ao ano 2012 que, aínda agora se ven de resolver, cando a “machada” do executivo de Núñez Feijoo mostrou a súa peor cara.
Nesta anualidade, sobre o 75% das solicitudes de renovación de compromisos no ano 2012 quedaron fora das axudas, iso si, unha vez que as explotacións afectadas si que cumpriron coas súa obrigas.

Esta non é a primeira machada que recibe o sector de vacún de carne nos últimos anos, os continuos recortes e a posterior non renovación do Contrato de Explotación Sustentable (CES), a paralización do BANTEGAL e a non defensa dos intereses das granxas galegas no próxima reforma da PAC e que vai supoñer menos ingresos dos actuais, sumada ao constante suba dos costos de produción e o conxelamento dos prezos que reciben os/as labregos/as, fan que o descenso da renda das explotacións de carne sexa máis que preocupante.

Nunha primeira xuntanza para tratar este tema o pasado venres en Bacerreá, acordouse que os afectados/as alí presentes ían recurir esta decisión a través dun recurso que a Federación Rural Galega-FRUGA xa está poñendo a disposición de todos/as os/as afectados/as que así o desexen. Do mesmo xeito, para facer presión, tamén se decidiu organizar unha mobilización o vindeiro martes día 18 ás 12:00 diante da delegación da Xunta de Galiza en Lugo, que é onde se atopan a maior parte dos expedientes comentados e rexeitados anteriormente.

Desde a Federación Rural Galega-FRUGA, continuaremos facendo máis xuntanzas informativas nas principais comarcas afectadas para que esta acción de protesta sirva para facerlle ver ao Sr. Núñez Feijoo, que lle debe un respecto ao sector do vacún de carne, una actividade que emprega a 9.000 familias e que é a principal actividade económica en moitas comarcas galegas.

Do mesmo xeito, tamén agardamos que outros axentes se sumen a esta iniciativa e poder así facer canta máis forza mellor, para así esixir unha corrección por parte da Xunta de Galiza e a aprobación de todas as solicitudes que, cumprindo cos requisitos, poden quedar fora desta axuda.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • Reino Unido investiga brotes de botulismo en ganado vinculados a piensos 17/09/2025
  • Los precios mundiales de la carne de vacuno siguen al alza gracias a la caída de producción 16/09/2025
  • Acuerdo UE- Mercosur: El campo no se vacía, lo abandonamos 12/09/2025
  • Francia e Italia suman más de 130 focos de dermatosis nodular contagiosa 09/09/2025
  • La producción de carne de vacuno en España creció un 12 % en 2024 y alcanzó 4.452 M€ 03/09/2025
  • Denuncian desabastecimiento de crotales electrónicos 02/09/2025
  • Riesgo muy alto para España: Francia e Italia acumulan 76 focos de Dermatosis Nodular Contagiosa 30/07/2025
  • Francia suma nuevos focos de dermatosis nodular contagiosa y amplía la zona de restricción 22/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo