• Contacto
  • separador
  • Anuncios clasificados
  • SUSCRÍBETE
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Artículos
Sección con el apoyo de

UUAA valora en case 72 millons os danos pola xeada

03/05/2017

Unións Agrarias alerta da magnitude do danos que as xeadas da pasa madrugada teñen producido nas denominacións de orixe de viño nas provincias de Ourense e Lugo. Polos datos que se van recadando nas oficinas do sindicato o monto global de perdas para o sector vitivinícola pode acadar os 72 millóns de euros dado que se calcula que se estragaron uns 16,3 millóns de quilos de uva o que supón que non chegarán ao mercado 21,7 millóns de botellas de viño.

Das catro denominacións de orixe afectadas, é a de Monterrei a que amosa un maior grao de danos cunha incidencia do 95% e case 800.000 Euros en perdas nas vides. A continuación sigue a DO de Valdeorras cun 80% e case 2,9 millóns de euros de perdas en uva. Os colleiteiros de Ribeiro e Ribeira Sacra cuns danos do 75% e 60% respectivamente perderan en uva 7,2 e 3,1 millóns de euros.

A estes danos hai que engadir os gastos derivados da recuperación das vides mediante podas en verde e aplicación de cicatrizantes que ascenderán a 2.2 millóns de euros, que de xeito inmediato van ter que desembolsar os produtores para tratar de salvar as explotacións.

Unións Agrarias, vendo a magnitude da afectación xa circulou na tarde de onte unha carta aos concellos afectados para que inicien os trámites para documentar unha solicitude de zona asimilable a desastre natural para que se poñan en marcha os mecanismos de compensación económica que permite a lexislación comunitaria, estatal e autonómica.

O papel que desempeñan os concellos na posta en marcha deste tipo de medidas é fundamental, dado que poden emitir informes de valoración sobre os danos causados á Consellería do Medio Rural e/ou ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

Un catálogo de medidas para axudar a aliviar estas continxencias, afecta a diferentes departamentos ministeriais: unhas dirixidas a diminuír a carga tributaria dos agricultores afectados e outras a concesión de créditos preferentes para manter a competitividade da explotación, así como as destinadas a flexibilizar o cumprimento das obrigas de pagamento da seguridade social e/ou outras medidas de orde laboral.

Neste sentido hai precedentes de medidas excepcionais postas en marcha pola Xunta de Galicia. En concreto habilitou unha partida de medio millón de euros para compensar a perda de produción dos viticultores de Sober na Ribeira Sacra afectados polo pedrazo rexistrado o 15 de agosto de 2016 que non tiveran subscrita ningunha póliza de seguros

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre AGUA Y SEQUÍA

  • España estudia financiar proyectos hídricos en Marruecos 14/01/2026
  • Diciembre de 2025, un mes cálido y húmedo 12/01/2026
  • 3 M€ en daños por lluvias y pedrisco en cultivos de Valencia y Alicante 30/12/2025
  • 75.000 t de cítricos afectadas por granizo y lluvias en C. Valenciana 30/12/2025
  • 15 ha de invernaderos afectadas por la granizada en Granada 30/12/2025
  • El MAPA eleva a 80,7 M€ el pago a titulares de explotaciones que han reparado los daños por dana 19/12/2025
  • ¿Cómo ha sido el otoño de 2025 en el conjunto de España? 17/12/2025
  • La CH Segura eleva las restricciones al regadío hasta el 49% en enero-marzo de 2026 16/12/2025
  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • Twitter

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

QUIERO ESTAR AL DÍA

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo