O decreto anunciado hoxe polo presidente da Xunta de Galicia, no que se prohíbe o pastoreo en zonas queimadas durante dous anos, supón para o sindicato Unións Agrarias, unha criminalización e un castigo inxusto e contraria a razón da actividade gandeira. Núñez Feijoo, pretende así, facer un xogo de mans político para trasladar a responsabilidade dos incendios forestais a quen son as verdadeiras vítimas, os gandeiros e agricultores, afastándoa da causa real do lume nos montes como é a falta de iniciativa e interese do seu goberno para dinamizar o mundo rural.
Para a organización agraria a situación dos lumes non sería a mesma sen o abandono do rural galego. Deste xeito, o escenario cambiaría totalmente se a Xunta de Galicia tivera desenvolto nestes anos os 80 MW de potencia de biomasa que dormen nos caixóns dos despachos, e que terían suposto a limpeza de 800 mil toneladas de leña ao ano. Do mesmo xeito melloraría tamén a prevención se houbera máis prados e cultivos en produción, facendo de cortalumes naturais entre o mato e o arborado forestal en vez de miles de hectáreas abandonadas dando continuidade ás superficies forestais.
Porén e no colmo do cinismo, desde a Xunta parecen esquecer que nos último ano do período de investimento dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rural, apenas se leva gastado a metade, e a outra metade haberá que devolvela a Bruxelas. Desde UUAA, afírmase que Galicia non será capaz de resolver o problema medioambiental dos incendios sen unha aposta, polo seu medio rural, con propostas e proxectos adaptados ao século XXI.
Modelos de éxito dos que aprender non faltan como en Francia con máis porcentaxe de PIB derivado da agroalimentación que da automoción ou como os de Alemaña ou Dinamarca nos que as cooperativas de gandeiros son propietarias de ata o 20% dos parques eólicos, mentres que en Galicia se fixo todo o posible para que quedaran sen esta posibilidade de ingresos complementarios e estabilidade de renda, cando nos montes galegos hai instalada unha potencia eólica equivalente a 3 centrais nucleares
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.