• Contacto
  • separador
  • Anuncios clasificados
  • SUSCRÍBETE
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Entrevistas
Sección con el apoyo de

Os produtores de polo de Galicia denuncian no Parlamento a súa situación

11/09/2013

A grave situación económica que está atravesando o sector avícola en Galicia, debido as prácticas de monopolio da distribución, será exposta nas próximas semana aos distintos partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia.

O presidente da Asociación Sectorial de Criadores Avícolas de Galicia (ACRIAGA), Javier López, e o secretario Xeral de Unións Agrarias, Roberto García, veñen de rexistrar no Pazo do Hórreo unha iniciativa para que as distintas formacións poidan coñecer de primeira man as graves consecuencias que para a economía e o emprego en Galicia está tendo o uso da carne de polo como produto reclamo por parte das grandes cadeas de distribución alimentaria.

Estas prácticas abusivas tradúcense nunha sangría para o sector posto que a pesar de que o Ministerio estima un custo medio de produción e transformación do polo de 2,60 €/Kg, as distribuidoras impoñen prezos aos seus provedores de 1,47€/Kg, é dicir, 1,13 €/Kg por debaixo do custo de produción, o que provocou perdas de máis de 37 millóns de euros no primeiro semestre deste ano.

Unha situación que pode traer á desaparición do sector avícola de carne de Galicia poñendo en perigo os 5.000 empregos que xera entre produtores, fábricas de penso, matadoiros, industrias de transformación, etc, e que comezou co peche da planta integradora de aves Louriña en Mos o pasado mes de marzo, mais o peche de 40 granxas.

Os produtores recordan así mesmo, que no caso dun peche masivo das granxas as cadeas de distribución terían que abastecerse con carne de terceiros países que non teñen as mesmas esixencias e garantías sanitarias que o requirido pola normativa europea, o que iría en prexuízo dos consumidores.

ACRIAGA e Unións Agrarias instaron o pasado mes de agosto ao Servizo Galego de Defensa da Competencia a que se abrira unha investigación sobre as prácticas empregadas pola distribución alimentaria en Galicia na comercialización de carne de polo por si se dera algunha práctica contraria á Lei de Defensa da Competencia, en particular sobre a venda a perdas e a utilización como produto reclamo.

Finalmente, os produtores avícolas manifestan a súa decepción pola complicidade da Consellería do Medio Rural e do Mar coa distribución coa que parece máis implicada que cos avicultores aos que aínda nin convocou a unha reunión para que poidan ser escoitados.

Datos do sector avícola de carne en Galicia

Nº de granxas: 722 granxas de polos de Galicia supoñen o 14,32% das granxas de polo de España (un total de 5.040 explotacións).

Nº de polos sacrificados/ano: 68 millóns de cabezas

Produción de carne de polo/ano: 134.000 toneladas (12% da produción nacional).

Volume de ventas/anuais: 250 millóns de Euros, o 13% da Produción Final Gandeira de Galicia.

Comercialización: Máis do 62% do polo consumido é vendido ás cadeas de distribución alimentaria

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre AVICULTURA

  • El pollo clorado en el centro del debate del futuro acuerdo UK-EEUU 27/01/2026
  • Nuevo foco de la enfermedad de Newcastle 21/01/2026
  • Nuevo foco de influenza aviar en Lleida 14/01/2026
  • Eliminación de jaulas, limado de picos y sacrificio de pollitos de 1 día: esto es lo que quiere UK 13/01/2026
  • Nuevo caso de influenza aviar en Lleida 12/01/2026
  • Phileo obtiene la autorización de la UE para su innovador aditivo para piensos Microsaf® 07/01/2026
  • Tres nuevos focos de la enfermedad de Newcastle en la C. Valenciana 07/01/2026
  • Influenza aviar en Lleida: ya se han sacrificado 230.000 gallinas del foco. 07/01/2026
  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • Twitter

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

QUIERO ESTAR AL DÍA

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo