• Buscador
  • Contactenos
  • separador
  • SUSCRIBASE
  • Anuncios clasificados
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Artículos
Está aquí: Home / Política agraria / PAC / O SLG inicia unha campaña de mobilizacións en Bruxelas coa ECVC para pedir unha nova PAC labrega e para a cidadanía

           

O SLG inicia unha campaña de mobilizacións en Bruxelas coa ECVC para pedir unha nova PAC labrega e para a cidadanía

19/09/2012

O Sindicato Labrego Galego, como membro da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), apoiará a “Marcha por unha boa alimentación e unha boa agricultura” que, saída dende diversos puntos de Europa, confluirá 19 de setembro, diante do Parlamento Europeo. Alí, organizacións sociais de toda a UE e a sociedade civil reclamarán por cuestións básicas como alimentos con prezos xustos para labregos e labregas e para a cidadanía, verdadeiro respecto polo medio ambiente, e soberanía alimentar de cara a termos unha boa alimentación e unha boa agricultura na Unión Europea para todos e todas.

Para as organizacións que, como o Sindicato Labrego, formamos parte da ECVC, esta mobilización marca o punto de partida a unha serie de mobilizacións activas de cara a reclamar que a nova reforma da Política Agraria Común (PAC), que se comezará a negociar este outono e durante o ano 2013, se faga a medida das explotacións labregas e da cidadanía. Para a Coordinadora Europea da Vía Campesina, a nova PAC deberá contemplar medidas como a regulación pública das diversas producións agropecuarias e dos mercados, de cara a termos uns prezos xustos que cubran os custes de produción; e que as axudas directas vaian destinadas exclusivamente a agricultores e agricultoras en activo e a apoiar a pequenas e medianas explotacións, e non a grandes empresarios e terratenentes que, moitas veces, nin sequera viven no medio rural.

Para o Sindicato Labrego Galego, o futuro da agricultura europea, termos unha alimentación san, ou manter un medio rural vivo e habitado, son retos demasiado importantes, e que afectan de cheo ao conxunto da cidadanía, como para que se discutan só nos despachos de Bruxelas baixo a influencia e presión dos lobbies da agricultura industrial. Por iso, o SLG participará activamente en todas as mobilizacións que faga a Coordinadora Europea da Vía Campesina de cara a que a nova PAC poña no seu centro de atención á agricultura labrega e non siga a destruír sectores estratéxicos para o noso campo coma o lácteo, o cárnico, o vitícola, o hortícola ou o da pataca. Neste senso, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, estivo hoxe, 18 de setembro, en Madrid, para participar nun acto reivindicativo da Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG), da que o SLG é membro, e no que se doaron máis de 5.000 quilos de produtos básicos de orixe labrega ao Banco de Alimentos como leite, azucre, aceite, froita e hortalizas, etcétera. Ademais, o acto serviu para presentar a campaña de mobilizacións que se desenvolverán en todo o Estado, por parte das organizacións que conformamos a COAG, de cara a loitar por esa nova PAC cívica e labrega.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre PAC

  • Acuerdo en la UE para simplificar la actual PAC: ¿qué se ha acordado? 12/11/2025
  • La maratón de Hansen 12/11/2025
  • ASAJA denuncia el “maquillaje político” en la revisión del Marco Financiero Plurianual 2028-2034 12/11/2025
  • La futura PAC y el presupuesto europeo son “puro humo” según el Copa-Cogeca 11/11/2025
  • La “C” de la PAC “se hace más grande”, según Hansen 06/11/2025
  • La rotación de cultivos mejora el rendimiento, la calidad nutricional y los ingresos agrícolas 06/11/2025
  • Europa se prepara para la COP30 con un recorte histórico de emisiones 06/11/2025
  • El TJUE obliga a la Comisión Europea a revisar el Plan Estratégico de la PAC de Francia por incumplir la normativa ambiental 05/11/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo