• Buscador
  • Contactenos
  • separador
  • SUSCRIBASE
  • Anuncios clasificados
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Artículos
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / Unións Agrarias insta á Consellería de Economía a que execute o aval comprometido ás empresas afectadas por CLESA

           

Unións Agrarias insta á Consellería de Economía a que execute o aval comprometido ás empresas afectadas por CLESA

01/06/2011

O sindicato Unións Agrarias insta ao conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, quen asumiu temporalmente a dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) a que axilice e execute, dunha vez por todas, o aval comprometido ás empresas de primeiros compradores afectadas por CLESA. A organización sindical reitera a súa petición de solución para este problema despois de que se coñecese o auto ditado polo xulgado do Mercantil número 6 de Madrid no que aparta da xestión da compañía á familia Ruíz Mateos.

A resolución xudicial nomea, ao mesmo tempo, un equipo de administradores constituído por un letrado, un auditor e un representante da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT). Neste sentido, Unións Agrarias demanda celeridade e axilidade nas resolucións que adopte este equipo de xestión co fin de poñer fin á situación dos directamente afectados pola actividade desta empresa.

En Galicia, ademais dos 123 empregados da planta de CLESA en Caldas de Reis, unhas 300 explotacións venden o seu leite a tres empresas de primeiros compradores, que son as que precisan do aval do IGAPE para continuar coa actividade. As outras tres empresas afectadas non dependen desta subvención.

Unións Agrarias lembra que a débeda das seis empresas primeiras compradoras de CLESA en Galicia ascende a case 4 millóns de euros. Do mesmo xeito, destaca que en reunións mantidas con responsables do IGAPE, estes se comprometeron a avalar o 50% das operacións financeiras de tres empresas que optaron a estas axudas concretas: Lácteos Tambre, Lácteos Pérez e Lácteos Terra de Montes. Concretamente, o investimento autonómico podería ascender a uns 800.000 euros.

Na actualidade, o IGAPE coñece a situación real das empresas así como os datos bancarios e as sucursais nas que se están realizando as operacións financeiras, polo que non se entende o retraso nos avais comprometidos, “máxime cando neste momento, o conselleiro de Economía, na súa dobre responsabilidade de presidente e director do IGAPE, parece non quere apostar por unha solución definitiva ao problema”, segundo salientou Roberto García, secretario xeral de UUAA.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre LECHE

  • Suben las entregas y el precio de la leche en septiembre 03/11/2025
  • ¿Tienen mis vacas estrés térmico? Mire la composición de la leche 31/10/2025
  • Sentencias favorables para ganaderos abulenses afectados por el cártel de la leche 29/10/2025
  • Nuria Mª Arribas: “InLac está comprometida con la sostenibilidad social, económica y medioambiental” 28/10/2025
  • Visto bueno de Bruselas a la compra de Milcobel por FrieslandCampina 24/10/2025
  • Unión de Uniones celebra la paralización de la macrogranja de Noviercas por el Tribunal Supremo 23/10/2025
  • Nuria Mª Arribas: “Aunque el 98% de los hogares consume lácteos, solo el 45% alcanza las tres raciones diarias recomendadas” 21/10/2025
  • Salud del rumen: Un factor crucial para la productividad y el bienestar de las vacas 15/10/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo