O sindicato Unións Agrarias presentou esta mañá no Consello Agrario unha serie de alegacións ao proxecto de decreto de declaración de utilidade pública das medidas de erradicación do nematodo do piñeiro.
Así, desde a organización sindical fíxose fincapé na necesidade de que se estableza unha liña de axudas ou indemnizacións para os propietarios afectados polas medidas obrigatorias, de forma que a madeira madura se pague a propietarios e Comunidades de Montes a prezos de mercado e a madeira inmadura con compensación de perda de oportunidade. Do mesmo xeito, solicitouse que se elimine do Decreto unha franquicia de 600 euros por baixo da cal non habería dereito a percibir axudas.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.