• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Innovación
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión
    • Webinars
    • Debates

A Executiva do SLG usurpa as funcións da Dirección Nacional

PAC España 13 May 2008 0

12/05/08. Ás 13 horas desta mesma mañá, na sede comarcal do Sindicato Labrego Galego, tiña lugar unha rolda de prensa convocada por un grupo de afiliados e afiliadas do SLG, encabezados por Xurxo Álvarez, todos/as eles/as membros da Dirección Nacional deste sindicato, para denunciar a falta de debate interno existente entre a Executiva e estoutro órgano decisorio.

Os convocantes denuncian o feito de que a Executiva estea usurpando poderes que, tradicionalmente e segundo a estrutura organizativa propia, correspondían á Dirección Nacional, como órgano decisorio competente. Isto deriva en que, as posibles solucións aos grandes temas a tratar correspondentes tanto á liña sindical como de xestión interna, son unilateralmente tomados pola Executiva, sen ter en consideración as posturas de máis afiliados e afiliadas.

Como mostra destas acusacións, Xurxo Álvarez, tamén voceiro da corrente de opinión inserida dentro do SLG chamada Encontro Nacional Labrego, fixo pública a decisión que levou ao terzo necesario para solicitar unha Asemblea Extraordinaria da Dirección Nacional, a asinar un comunicado, aló polo mes de marzo, dirixido á Secretaria Xeral do SLG, solicitando de urxencia a reunión da Dirección Nacional. Esta solicitude, por escrito, entregada en man á Secretaria de Organización, Lidia Senra, desoída nun primeiro momento, foi recentemente contestada por medio dunha máis que evidente evasiva, polo que se solicitou unha xuntanza coa Secretaría Xeral, para aclarar as cuestións referentes a esa convocatoria de Dirección Nacional, xunto coa orde do día da mesma. Convocada esa xuntanza para o día de hoxe, e ao sufrir a ausencia dos membros da Executiva, os afiliados congregados decidiron convocar a devandita rolda de prensa, para facer públicas as súas denuncias.

Os temas a tratar, propostos polos afiliados/as que solicitaban a reunión extraordinaria, eran:

1. Análise da situación do sector vitícola:

a. Reforma dos Regulamentos.
b. Sobre estatal. Criterio de reparto de fondos.

2. Análise da situación do sector leiteiro:

a. Desaparición do sistema de quotas.
b. Plano lácteo estatal.

3. Analizar e definir a situación laboral e retributiva do persoal ao servizo do SLG e das súas estruturas colaterais.

a. Relación de postos de traballo, responsabilidade e categorías salariais.
b. Despedimentos.
c. Traslados e
d. Rebaixas salariais.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

«Estáis matando el mundo rural»: 125 tractores toledanos reclaman soluciones ante la Consejería
PAC España7 Oct 2026

«Estáis matando el mundo rural»: 125 tractores toledanos reclaman soluciones ante la Consejería

El Ministerio de Agricultura reparte 4,8 M€ entre una veintena de entidades del sector agroalimentario
PAC España7 Oct 2026

El Ministerio de Agricultura reparte 4,8 M€ entre una veintena de entidades del sector agroalimentario

Barbechos como espacios de biodiversidad y rotaciones más libres: la petición de Castilla y León al MAPA
PAC España6 Oct 2026

Barbechos como espacios de biodiversidad y rotaciones más libres: la petición de Castilla y León al MAPA

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

¿Quieres estar al día de toda la actualidad del campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web. Política de privacidadAceptarRechazar