Ante o novo borrador da Orde do Ministerio de Agricultura polo que se abre o Banco Coordinado de Cotas Lácteas para a campaña 2007-2008, Xóvenes Agricultores manifesta a súa oposición frontal e decidida, xa que o único que modifica, ademáis das datas de apertura e peche, é a baixa do prezo de compra, que pasa de 0,27 € por quilo de cota láctea na anterior campaña, a 0,19 € na actual.
Por outra banda, esiximos do MAPA que pague inmediatamente ó que lle debe aos gandeiros que lle venderon á súas cotas de leite, xa que o Ministerio non demorou nada en cobrar esas mesmas cotas cando llas vendeu a outros gandeiros. Na actualidade, Por tanto, a nosa organización denuncia que o MAPA retén inxustificadamente 13 millóns de euros a 1.006 productores galegos. Deles, 5,9 millóns corresponden á provincia da Coruña; 4,8 a Lugo; 2,2 a Pontevedra e 128.000 euros aos productores de Ourense.
Estas modificacións fan que o “pésimo plan lácteo do MAPA” sexa aínda peor para Galicia que o anterior, dado que as explotacións que abandonen a producción van a ver mermados os seus ingresos de maneira notable. Por outra parte fai totalmente imposible que se poida trasvasar a Galicia cota doutras comunidades.
Confírmase deste xeito a política de rexionalización das cotas lácteas, co cal Galicia cada vez vai a conseguir menos cantidade. A campaña pasada -que foi a primeira dende a implantación da “rexionalización”- os nosos gandeiros recibiron só o 42,5 % do reparto mentras que na anterior o 61,48 % veu para a nosa comunidade. Co futuro plan, as previsión son aínda peores. Este novo plantexamento é totalmente inxustificado xa que Galicia foi a única comunidade que na campaña pasada incrementou a sua produción -un 2,51%-, mentras que no resto do Estado descendeu o 4,1%, e a tendencia desta campaña, según os datos do FEGA, é de baixa en toda España , menos en Galicia.
A continuidade deste plan lácteo ven a demostrar a cerrazón e incapacidade da Ministra de Agricultura para xestionar un sector dinámico coma o lácteo, e non se decata do novo escenario de liberalización de mercados, que os gandeiros galegos xa entenderon.
Dada a gravidade da situación, Xóvenes Agricultores esixe un novo Plan Lácteo Profesional, cun reparto de cota en igualdade para tódolos gandeiros do Estado e totalmente gratuito, xa que o Ministerio pretende vender unha cota que xa nunca se vai poder amortizar e que carece de valor de mercado. Ademáis solicitamos a inmediata intervención da Xunta de Galicia, co Conselleiro do Medio Rural e o presidente Sr. Touriño ao fronte, para facer valer os intereses lexítimos dos nosos gandeiros e elaborar un novo plan lácteo que debera liderar Galicia por ser a primeira Comunidade de España, tanto en gandeiros, o 56%, coma en producción, o 37%.
Santiago, 18 de xullo de 2007
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.