Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Ganadería / Xóvenes Agricultores denuncia o inxustificado aumento das cotas a pagar na declaración da renda

           

Xóvenes Agricultores denuncia o inxustificado aumento das cotas a pagar na declaración da renda

13/04/2007

A uns 15 días do comezo do prazo para efectuar as Declaracións da Renda do ano 2006, o Ministerio de Economía e Facenda ven de aprobar a Orde que fixa as normas polas que se rexerá a Estimación Obxectiva máis coñecida como sistema de “módulos” que afecta á gran maioría dos agricultores e gandeiros de Galicia.

Con tal motivo, Xóvenes Agricultores denuncia os módulos tan elevados establecidos na mesma, así como a eliminación da redución por adquisición de gasóleo agrícola e fertilizantes ou plásticos o que provocará o ingreso de liquidacións elevadísimas á hora de render contas con Facenda.

Xóvenes Agricultores quere lembrar que o sector agro-gandeiro está atravesando por delicados momentos debido aos efectos da seca, da baixa xeneralizada do prezo dos seus produtos -como o leite- e o aumento do costo de inputs coma os pensos, os fertilizantes, o gasóleo e os seus derivados, o subministro eléctrico, etc. A pesar da adversidade, o Goberno aproba uns módulos inaceptables e non toma ningunha medida para paliar esta crise.

Pero o máis grave de todo é que o establecemento da devolución das cotas do imposto de hidrocarburos derivadas da adquisición do gasóleo bonificado faise a cambio de quitarlles aos agricultores e gandeiros a redución fiscal do 35% do gasto do mesmo, e da eliminación da minoración do 15% por uso de fertilizantes ou plásticos.

Así, unha explotación tipo que gaste 3.000 Euros –uns 5.000 litros- de gasóleo ó ano, deixará de deducir 1.050 Euros na Declaración da Renda, mentres que só cobrará 386 Euros da Devolución do Imposto de Hidrocarburos, co que perde 664 Euros.

O módulo do leite pasa do 0,23 a 0,42; o do bovino de cría de 0,18 a 0,37; e o do bovino de carne mantense no 0,26. Estamos pois en condicións de asegurar que cada produtor verá cando menos duplicado o importe do que terá que pagar na súa Declaración da Renda.

Exemplo real para unha explotación de 40 vacas de leite que dispón de 200.000 quilos de cota láctea, considerando que só vende leite, e o declarante fai a declaración conxunta co seu cónxuxe:

ANO INGRESOS RENDEMENTO RESULTADO RENDA
2005 55.000 € 55.000 x 0,23=12.650 A DEVOLVER 300 €
2006 55.000 € 55.000 x 0,42=23.100 A PAGAR 2.250 €

O incremento que terán que pagar na Declaración da Renda os agricultores será de:

Explotacións de leite e mixtas ………………24.000.000 €
Explotacións de carne ……………………………650.000 €

Xóvenes Agricultores solicita pois a redución dos módulos e a aplicación de medidas fiscais adecuadas á grave situación pola que atravesa o campo. De non seren revisados estes módulos, confirmaríase o gran engano do Goberno socialista respecto do acordo de devolución das cotas do imposto do gasóleo.

Santiago, a 12 de abril de 2007

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • ¿Qué factores hacen que la lengua azul sea una enfermedad tan compleja de erradicar y de comprender? 18/09/2025
  • Unión de Uniones reclama mantener el apoyo a la vacunación frente a la lengua azul 18/09/2025
  • De la moda al campo: la joven ganadera Blanca Tomás impulsa un proyecto sostenible y turístico en la Vall d’Albaida 17/09/2025
  • El Plan de Gestión del Lobo en Cantabria recibe 164 alegaciones 17/09/2025
  • Unió de Pagesos pide aumentar los baremos de indemnización por daños de fauna protegida en ovino, caprino y vacuno 17/09/2025
  • Lengua azul en Mallorca 16/09/2025
  • La justicia obliga a la Ministra holandesa de Agricultura a publicar los datos de emisiones ganaderas 15/09/2025
  • Detectado un caso de lengua azul en Huesca en una explotación vacunada 15/09/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo