O voceiro da devandita organización agraria cualificou o sucedido como de catástrofe ecolóxica e ambiental, e lamentou que a maioría gubernamental impedira que se constituira unha comisión de investigación sobre o sucedido para coñecer as causas e os eventuais responsables da desfeita.
Sobre a responsabilidade política dos conselleiros de Medio Rural e Presidencia, o comparecente recordou que era moito máis esixible que cando en agosto del 2004 a CIG acusou ó entón conselleiro de Medio Ambiente de incapaz e incompetencia ¡porque arderan 27.000 hectáreas!, acusación que imprimiron nunha folla propagandística que exhibiu o propio Andrés Novo como proba. Novo Lombao sostivo que este verán houbo o mesmo numero de incendios, con condicións climáticas semellantes ás de outros anos e con igual incidencia da intencionalidade, pero quen fallou foi a Xunta de Galicia que “descabezou o servizo de extinción” e mandou tarde e con personal moitas veces inexperto ás cuadrillas apagalumes.
Compre sinalar que no turno de intervención dos grupos socialista e do BNG, ambas formacións minimizaron o alcance da catástrofe, sinalando a representante socialista que “neste país houbo moitas outras catástrofes das que poderíamos falar” e banalizando a segunda coa afirmación de que se 100.000 hectáreas son una catástrofe, as 50.000 ardidas algunha vez co anterior goberno son “unha media catástrofe”.
A xuizo de Xóvenes Agricultores “é moi de lamentar que ambos partidos, que para algo sustentan ó goberno, ninguneen a importancia capital e definitiva que tiveron os catro falecementos, detalle este que para eles non ten importancia pero que para nos diferencian unha catástrofe dunha frivolidade”.
Santiago, 27 de setembro de 2006
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.