Xóvenes Agricultores aproveitou a xuntanza da súa Executiva, celebrada hoxe en Santiago, para valora-lo nomeamento de José Antonio Santiso Miramontes como novo conselleiro de Política Agroalimentaria. Na reunión estimouse como positivo e esperanzador o talante de diálogo amosado polo mesmo nas súas primeiras declaracións públicas.
“Sabemos que o novo Conselleiro é un bo coñecedor do mundo rural, froito da súa experiencia á fronte de distintos grupos de acción local e de estár a fronte dun concello predominantemente rural; por iso agardamos que traslade eses coñecementos á súa actuación á fronte da Consellería”, sinalou o secretario xeral de Xóvenes Agricultores, Juan Pérez Miramontes.
“En Xóvenes Agricultores poñémonos á súa disposición e esperamos reunirnos con el canto antes para falar de tódalas preocupacións que hoxe teñen os nosos agricultores e gandeiros, nun momento especialmente difícil a causa dos elevados custos de produción e dos baixos prezos pagados ó produtor”, apuntou Pérez Miramontes.
Nese sentido, a Executiva da organización agraria serviu para definir algunhas desas grandes cuestións que se lle plantexarán ó novo Conselleiro, coma a aplicación da nova PAC, o proceso de reconversión do sector lácteo, a reestructuración do viñedo ou o difícil momento que viven os produtores cárnicos. Igual mente, agárdase que J. A. Santiso teña unha especial sensibilidade no capítulo da formación.
Santiago, 10 de setembro de 2004
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.