O sindicato Unións Agrarias inicia esta semana unha rolda de contactos co distintos grupos políticos no Parlamento de Galicia para presentar un informe sobre a grave situación económica na que se atopan miles de colleiteiros nas catro denominacións de orixe do viño afectadas polas xeadas.
Desde a organización agraria vaise a tratar de recoller apoios entre as forzas parlamentarias para impulsar axudas directas aos damnificados como as que ven de aprobar onte o goberno de A Rioxa para os produtores afectados pola seca nas súas explotacións.
Unións Agrarias non entende cómo é posible que a Xunta de Galicia se peche a librar fondos de apoio aos afectados, establecendo todos os mecanismos de control necesarios para garantir que as axudas cheguen so a quen as precisa, cando sabe que é a única vía para poder rescatar de xeito efectivo aos viticultores que perderon todo en Ribeira Sacra, Monterrei, Ribeiro e Valdeorras.
O sindicato non considera xusto nin sensato entregar as entidades bancarias a potestade de decidir que explotacións sobreviven e cales se quedan no camiño ao non poder acceder a un crédito por ser insolventes xa que non ten colleita na que ampararase. Resulta un contrasentido que tendo a maior parte dos produtores perdas do 100% se habiliten so solucións ás que non van a poder acceder.
Non bastan mesas técnicas para debater o modelo de seguro agrario, porque sendo un tema importante, en nada vai avanzar o sector vitivinícola se non quedan produtores que subscriban as pólizas. Neste sentido, UUAA, pídeselle novamente sensibilidade ao presidente da Xunta para que non lle vire as costas aos produtores e traballadores das catro DO afectadas nun momento no que está en grave risco o seu modo de vida.
Sería unha ironía triste que na lexislatura definida desde o Goberno galego como a do rural na que se ían investir 230 millóns de euros e poñer en marcha 5.000 emprego, ao final se converta na etapa na que botaron o peche centos de explotacións e adegas.
As axudas son o instrumento legal mais efectivo do que se dispón para superar unha crise que ven a rematar unhas economías de por si moi condicionadas polos baixos prezos da uva. Son ademais un mecanismo habitual posto en marcha noutros sectores e mesmo para a viticultura no 2016 na Ribeira Sacra.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.