O sindicato Unións Agrarias denuncia a indefensión dos gandeiros a hora de protexer os seus pastos diante da seca, dados os requisitos que se esixen para facer efectivas as coberturas das primas de seguros, xa que están mais pensadas para rexións nos que se pode analizar de xeito rápido a falta de auga.
O modelo de auditoría está baseado nun rastreo mediante fotos aéreas que avalían as diferenzas cromáticas nos prados en períodos de tempo en que en Galicia se manteñen verdes a pesar de estarse esgotando os acuíferos, tal como está ocorrendo nestas semanas. Deste xeito, para cando as pradarías que alimentan o gando en extensivo sequen xa estarán fora da cobertura dos seguros.
Para Unións Agrarias, anuncios como os da Consellería do Medio Rural de dotar a toda a carteira de subvencións a seguros agrarios con pouco mais de catro millóns de euros, non deixa de ser a constatación dun recorte, posto aínda non hai moitos anos o orzamento disposto era de 8 millóns de euros.
Por outra parte hai que destacar que os produtores teñen cada máis dificultades para poder afrontar os custes de seguros polo que desde a organización agraria ponse de manifesto que debido a caída na rendibilidade nas explotacións e os recortes do ministerio de Agricultura nos fondos de Enesa, moitos produtores non poden contratar seguros agrarios. Máxime cando para a próxima campaña que empeza o 1 de xuño se prevén subas de 10 puntos no custe das primas.
Esta situación vai a comprometer gravemente a supervivencia económica dunha parte grande dos produtores afectados. Desde UUAA pídese para estas explotacións a condonación das cotas da Seguridade Social durante os meses necesarios para equilibrar minimamente as contas.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.