• Contacto
  • separador
  • Anuncios clasificados
  • SUSCRÍBETE
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión
Sección con el apoyo de

O acordo sobre a PAC entre Agricultura e as autonomías será moi prexudicial para as explotacións labregas de Galiza

22/12/2004

O Sindicato Labrego Galego quere expresar a preocupación diante do compromiso acadado polo Ministerio de Agricultura (MAPA) ante os representantes das diversas comunidades autónomas na aplicación da reforma da Política Agraria Común (PAC).

Para o SLG, esta reforma vai ser altamente prexudicial para Galiza, xa que contempla medidas moi nocivas para o desenvolvemento rural e a viabilidade das explotacións labregas como a baixada dos prezos agrarios de cara aos produtores e produtoras e o desacoplamento das axudas: ambas medidas suporán unha agudización do proceso de peche de explotacións, un luxo que non nos podemos permitir en Galicia despois da sangría sufrida na última década nestes senso. Ademais, estas axudas desacopladas que van dar non compensan en absoluto a caída de prezos. Para o SLG, a renda dos labregos e labregas debe vir a través dos prezos dos seus produtos e non a través das axudas.

Aclarado isto, é evidente que o SLG non agardaba nada positivo da reunión mantida entre o MAPA e as comunidades autónomas. Nembargantes, aínda que se admitiron algunhas das reivindicacións defendidas polo Sindicato Labrego, como a defensa dun acoplamento do 100% nas primas para vacas nutrices; outras medidas van supor un forte atranco para a nosa economía agraria. Vexamos algunhas delas:

• A pesares de que o SLG propuxo que se retivese un 10% das axudas para facer unha redistribución orientada a manter as explotacións labregas, nos compromisos do MAPA neste senso non se aclara cal vai ser esa porcentaxe nin os criterios que rexeran o seu reparto.

• Outro dos acordos foi o de desacoplar a produción de leite das axudas a partir do ano 2006, o cal nos parece totalmente precipitado, sobre todo se temos en conta que a reforma da PAC dá un prazo ata o 2008 para poder adaptar as nosas explotacións a este cambio tan drástico.

• O Sindicato Labrego tampouco pode estar de acordo cando se propón “a posibilidade de limitar o uso e cesión dos dereitos de axuda ao ámbito da comunidade autónoma onde se orixinaron”, xa que isto non permitiría unha redistribución deses dereitos que compensase os desequilibrios entre as distintas zonas do Estado creados pola aplicación das diversas políticas agrarias europeas anteriores; máis ben, esta medida contribuiría a consolidar eses desequilibrios.

Por todo o devandito, o SLG non só está en contra desta reforma da Política Agraria Común, que a todas luces será desastrosa para Galiza, senón que pensamos que, unha vez aceptada por imposición da Unión Europea, vaise aplicar con numerosas eivas que prexudicarán aínda máis do que podiamos prever ás nosas explotacións.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre PAC ESPAÑA

  • Cataluña publica su mapa de parcelas y cultivos de la explotación (DUN) 2025 10/03/2026
  • Piden al Ministerio de Transporte incrementar la ponderación del combustible en la estructura de costes 10/03/2026
  • Arte contemporáneo y campo: La involuntaria lectura agraria de ARCO 09/03/2026
  • La geografía del descontento (X. Iraola) 09/03/2026
  • Cataluña pone una alfombra roja para que los jóvenes se incorporen al campo 09/03/2026
  • El transporte pide aplicar ya la cláusula del gasóleo ante Ormuz 06/03/2026
  • Andalucía amplía un mes el plazo para solicitar ayudas para modernizar la agroindustria 06/03/2026
  • Aislamiento, edad y titularidad el triángulo del suicidio agrario 05/03/2026
  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • Twitter

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

¿Quieres estar al día de toda la actualidad del campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo