• Contacto
  • separador
  • Anuncios clasificados
  • SUSCRÍBETE
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión
Sección con el apoyo de

O-XAN, grupo de opinión para gestión dialogada do lobo en Galicia

24/11/2015

Como punto de partida consideran primordial que a Xunta de Galicia se poña ao día nos pagos das axudas de danos que levan máis de dous anos de atraso. O grupo integra a gandeiros, cazadores entidades conservacionistas e investigadores.

Despois da xornada celebrada o pasado 20 de xuño en Rábade baixo o título “O lobo e o seu conflito: da normativa ao diálogo” (http://www.campogalego.com/es/desarrollo-rural/puedencoexistir-lobo-y-ganado-con-una-baja-conflictividad/), onde se reuniron membros de todos os grupos de interese na xestión e conservación do lobo. De aquí xorde O-Xan – grupo de opinión sobre a xestión do lobo en Galicia – cuxo obxectivo principal será fomentar o diálogo para minimizar a conflitividade social e favorecer os acordos a prol da coexistencia entre o lobo e a sociedade galega, así como propoñer, debater e estudar medidas para unha correcta xestión do lobo en Galicia.

O-Xan é un grupo aberto, no que esperamos agrupar cada día máis entidades, integrado por agrupacións gandeiras (ACRUGA, OVICA, PURAGA, SGPF) e gandeiros a título individual, cazadores (UNAC, UNITEGA), entidades conservacionistas (AGCT), investigadores (CIAM, USC, Universidade de Oviedo) e técnicos vinculados coa xestión e conservación do lobo en Galicia. Todos os integrantes estamos unidos baixo un ideario común sustentado na afirmación de que “queremos e aceptamos o lobo en Galicia nunha coexistencia corresponsable” e sobre o que estanse a desenvolver unhas liñas de traballo que tentarán aportar o diálogo e acordo necesarios para a conservación do lobo e da actividade humana a longo prazo.

Os primeiros acordos

Os primeiros puntos que definen O-Xan, acordados entre tódolos integrantes, foron os seguintes:

1- O lobo formou, forma e formará parte do patrimonio natural e cultural de Galicia e, coma tal, debe ser conservado e correctamente xestionado.

2- A presenza do lobo nun ambiente natural profundamente humanizado, pola súa condición de depredador, xera conflitividade social debido á afectación ao gando e á competencia polos recursos cinexéticos, dos que depende como fonte de alimento. No contexto galego, os gandeiros son os principais afectados pola presenza do lobo e entendemos que deben ser compensados, axudados e orientados para acadar unha convivencia pacífica sen menoscabar un dos sectores económicos máis importantes en Galicia, como é a gandería.

3- Para a correcta xestión desta especie, é necesario o acordo de tódalas partes implicadas e a correcta acción da Xunta de Galicia, responsable da súa xestión.
Para reducir a conflitividade e iniciar o traballo de diálogo no grupo considérase primordial resolver un problema de base que está a envelenar tódalas discusións sobre o tema do Lobo: A Xunta de Galicia debe poñerse ao día nos pagos das axudas de danos que levan máis de dous anos de atraso. Está claro que se non se fan os deberes, non se poderán acadar acordos no futuro.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre VACUNO

  • Desarrollan una molécula que podría disminuir la carga de Escherichia coli en bovinos 24/06/2026
  • Tres vacas para sellar la paz más antigua de Europa 22/06/2026
  • El cascabel del gato (X. Iraola) 22/06/2026
  • De 51.986 cabezas a cero en un año: el golpe marroquí al vacuno de carne español 16/06/2026
  • EEUU detecta el primer caso de gusano barrenador en décadas tras su avance desde México 05/06/2026
  • Ya se sabe quienes son los mejores analistas del mercado de vacuno de carne de España 2026 04/06/2026
  • Los ganaderos navarros ya pueden pedir las ayudas para collares virtuales 04/06/2026
  • Ganaderos exigen blindar Castilla y León frente a la DNC 29/05/2026
  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • Twitter

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

¿Quieres estar al día de toda la actualidad del campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo