Estanse a tramitar os recursos ante a Consellería de Medio Rural a todos os gandeiros aos que lle foron denegadas as primas de mantemento de razas autóctonas
Dende Xóvenes Agricultores rexeitamos que a Xunta de Galicia incumpra o compromiso de cinco anos co 80% dos gandeiros Galegos que tiñan aprobadas as axudas para o fomento en Galicia de sitemas de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos.
Estas axudas foron convocadas no ano 2008 por un período de cinco anos, compromiso asumido tanto polos gandeiros como pola Xunta de Galicia, e inexplicablemente e en base a unha suposta extinción de crédito e réxime de concorrencia competitiva a consellería de Medio Rural e do Mar deixa o 80% dos gandeiros se axudas.
Xóvenes Agricultores non entende este feito, xa que cando se aprobaron as axudas Consellería sabia perfectamente o crédito que tiña que dispoñer para facer frente a o compromiso que asumía.
Esta situación perxudica gravemente os gandeiros das zonas de montaña, xa de por si unha zona onde o abandono poboacional é moi grande e o rendimento e beneficios das explotacións son menores. Estes produtores cumpren con dúas funcións que dende Xóvenes Agricultores defendemos e cremos fundamentais como son o mantemento da poboacion nestas zonas, así como o desenvolvemento das razas autóctonas
Xóvenes Agricultores esixe a consellería de Medio Rural e do Mar, que cumpra cos compromisos asumidos cos gandeiros, e insta á mesma a modificar a Resolución do 31 de decembro do 2013, e a facer efectivos os pagos asumidos co sector.
A nosa organización está a tramitar os correspondentes recursos de reposición. O prazo de presentación dos mesmos finaliza o día 19 de marzo.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.