• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

Fin das cotas leiteiras: a necesidade de construír mecanismos de regulación eficaces

Leche 27 Sep 2013 0

O debate da conferencia «O sector lácteo da UE: a evolución máis alá do 2015» confirmou que a Unión Europea debe anticiparse para evitar futuras crises. Os mecanismos previstos actualmente non o permiten. Fan falta instrumentos de regulación pública da produción e dos mercados!

O informe dos expertos encargado pola Comisión Europea sobre as consecuencias do final do sistema das cotas leiteiras despois de 2015 é concluínte: a implementación das medidas do Paquete leite, confirmado na resolución da PAC 2014-2020, terá un grande impacto no sector lácteo de Europa.

A produción de leite vaise concentrar nunhas poucas zonas do noroeste de Europa, mentres que moitas explotacións van desaparecer, incluídas as de zonas de montaña ou de zonas periféricas onde constitúen a única produción posible e a base da economía local. Os gráficos mostran o crecemento da produción nalgúns países, influenciados polas exportacións, mentres que a produción cae na maioría dos estados europeos.

En consecuencia, a produción vaise intensificar nas áreas con maiores producións, provocando a acumulación de residuos, os problemas de contaminación da auga e do chan. O crecemento destas explotacións levará consigo un forte aumento do endebedamento destas e o aumento da súa vulnerabilidade acrecentada pola forte volatilidade dos prezos. Neste contexto, a situación pode ser dramática tanto para as persoas gandeiras coma para rexións enteiras se non poñemos en marcha as medidas axeitadas.

A posición da Comisión Europea, que abriu o debate durante a conferencia, pode ser dun pragmatismo cómplice coa posible desaparición de miles de explotacións. Debemos recordar que xa un terzo das explotacións leiteiras desapareceu entre 2007 e 2010!

A Coordinadora Europea Via Campesina (ECVC) apoia a creación dun observatorio dos volumes de produción, prezos do leite e custos de produción anunciado polo Comisario de Agricultura, Dacian Ciolos.

É necesario establecer instrumentos públicos para regular a produción e os mercados para actuar antes que se produzan situacións de crise.

Hai que adoptar medidas para garantir a estabilidade de prezos que cubran os custos de produción, e asegure o mantemento da produción distribuída en todo o territorio europeo.

A Coordinadora Europea Via Campesina está a favor de mecanismos de redución da produción leiteira, propostos por varios participantes, e demanda un apoio específico ás zonas de montaña, co fin de que se garanta a recollida de leite nestas rexións.

Os instrumentos previstos no paquete leite son totalmente insuficientes, tal e como indicaron numerosos participantes; as organizacións de produtores, ausentes en moitos países, non son capaces de reforzar a posición dos produtores e produtoras fronte ao papel dominante das empresas e a gran distribución.

Os pagamentos directos non garanten o mantemento da produción de leite nun escenario de prezos baixos e volátiles, e mesmo fomentan o cambio a determinadas producións vexetais, que requiren menos traballo.
A creación de mercados de futuros no sector do leite empeoraría a situación posto que a especulación financeira incrementa a volatilidade nos mercados.

ECVC tamén se opón ás subvencións directas á exportación (restitucións), que destrúen a estruturación da produción en terceiros países e eliminan as explotacións campesiñas en todos os lados.

Hai que construír mecanismos que aseguren o futuro dos produtores e produtoras de leite e oriente a produción cara a modelos sostibles.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación
Leche7 Jul 2026

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación

Baja el precio de la leche en mayo
Leche6 Jul 2026

Baja el precio de la leche en mayo

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas
Leche6 Jul 2026

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar