• Buscador
  • Contactenos
  • separador
  • SUSCRIBASE
  • Anuncios clasificados
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Artículos
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / Leite Río destina a unha campaña publicitaria de mentiras o diñeiro que lle quita ás explotacións lácteas ao baixarlles inxustificadamente os prezos

           
Con el apoyo de

Leite Río destina a unha campaña publicitaria de mentiras o diñeiro que lle quita ás explotacións lácteas ao baixarlles inxustificadamente os prezos

29/02/2012

O Sindicato Labrego Galego quere responder á campaña publicitaria pagada en varios medios de comunicación por Leite Río demostrando que, unha vez máis, esta industria láctea mente ao afirmar que non baixou o prezo do leite de xaneiro de 2012. E para iso achegamos con este comunicado recibos de explotacións nos que se poden comparar os prezos pagados en decembro de 2011 e os abonados en xaneiro de 2012, e nos que ser reflicte a baixada de 1 céntimo por litro.

Para o SLG, Leite Río é un claro exemplo das industrias que temos neste país, obsesionadas por obter o máximo lucro a costa das rendas das explotacións leiteiras que lles venden o leite coa complicidade do Ministerio de Agricultura e da Consellaría de Medio Rural. Esta actitude política e empresarial contrasta coa doutras zonas máis avanzadas da Unión Europea. Sen ir máis lonxe, hoxe coñecíase a nova de que a Interprofesional láctea da Bretaña e do País de Loira (Cilouest) vén de fixar un prezo de referencia de 32’93 céntimos para marzo de 20121.

No actual contexto de escalada dos custes de produción (gasóleo, abonos, forraxes, electricidade, etc.), e cunha seca que, de persistir, causará perdas millonarias; a actitude de certas industrias como Leite Río afondan na situación crítica na que se está afundindo o sector lácteo galego. Esta situación vaise agudizar aínda máis por mor de medidas políticas manifestamente erróneas, como a de obrigar a asinar contratos entre industrias e explotacións sen que haxa un prezo mínimo de referencia e, por riba, sen que a Unión Europea obrigue a facelo, pois depende da vontade de cada estado membro.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre LECHE

  • Contratos lácteos: Incremento de los de larga duración y la preferencia por precios fijos 20/11/2025
  • Principio de acuerdo en el nuevo convenio de industrias lácteas tras casi un año de negociaciones 20/11/2025
  • Los ganaderos holandeses logran ubres más poco profundas sin perder productividad 17/11/2025
  • Enraizados (X. Iraola) 17/11/2025
  • El bus de InLac aparca en Madrid para acercar los lácteos europeos al consumidor urbano 13/11/2025
  • Precio de la leche en Europa cae un 2,6% en septiembre por la bajada de grasa y proteína 11/11/2025
  • InLac anima a los jóvenes en EXPO SAGRIS a quedarse en el medio rural 07/11/2025
  • Suben las entregas y el precio de la leche en septiembre 03/11/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo