– XX AA entende que nestes momentos a emisión dun programa sobre acontecementos pasados vinculados ás vacas tolas, podería contribuír a sementar desconfianza nos consumidores e inquietude no sector.
– Á vista da actual situación do sector gandeiro, coa crise de prezos no sector leiteiro e mailas informacións sobre sanidade animal –gripe aviar ou porcina-, transmitir inquietude aos consumidores podería pór en risco a estabilidade das explotacións e os intereses dos gandeiros.
– Como é obvio a decisión de aplazar a emisión do programa, non corresponde a esta organización agraria, senón aos responsables da TVG, os cales valoraron a non conveniencia da súa emisión nestes momentos, deixando a porta aberta a unha difusión posterior.
– En calquera caso, Xóvenes Agricultores congratúlase da decisión da TVG, xa que considera que a actual conxuntura do sector primario, e os intereses dos produtores, non se deben ver afectados por unha mala imaxe do pasado.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.