Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / O SLG anuncia a súa firme oposición ao proxecto de Plano Leiteiro Estatal que vén de presentar o Ministerio de Agricultura

           

O SLG anuncia a súa firme oposición ao proxecto de Plano Leiteiro Estatal que vén de presentar o Ministerio de Agricultura

11/10/2006

O Ministerio de Agricultura vén de facer ouvidos xordos ás protestas de miles de gandeiros e gandeiras de Galiza ao converter en proxecto un plano leiteiro contra o que se manifestou a totalidade do sector no noso país. Desta maneira, a Ministra, Elena Espinosa, dálle para adiante a un sistema de reparto de cota que obriga a que o 80% dos dereitos abandonados fiquen na súa comunidade de orixe; e só o 20% vaia para a reserva con algunha posibilidade de que se reparta noutras zonas do Estado. Este sistema marxina directamente ás explotacións galegas, que representan o 55% do total que se manteñen activas a nivel estatal; e converte en foto fixa un reparto inxusto que as condena a ter que apañarse co 35% do dereitos produtivos, e a ficar a maioría por baixo da media do Estado.

O responsábel dos sectores gandeiros do SLG, Xabier Gómez Santiso, considera “ilóxico e inxusto que os dereitos abandonados polas explotacións que pechan fiquen en comunidades autónomas onde a media produtiva por explotación supera en moito á media estatal”. Santiso explica que, pola contra, “o plan debería tentar facer viábeis o máximo número de explotacións posíbeis, e para iso só hai que facer algo moi sinxelo: darlle prioridade no reparto a aquelas que non cheguen á cota media no Estado, que en Galiza son a maioría”. En efecto, no noso país hai unhas 13.100 explotacións que non chegan á media produtiva estatal, fronte a 3.000 que a superan; é dicir, o 80% das nosas explotacións sobrevive cunha cota leiteira por baixo da media.

Para a Secretaria Xeral do SLG, Lidia Senra, este plan é “completamente inaceptábel” e cualificouno de “despropósito total”. Como alternativa, Senra demanda que “se retomen os criterios do plano leiteiro do ano pasado para permitir que as pequenas e medianas explotacións con dificultades para acceder á cota poidan acadar os dereitos suficientes para manterse en activo e conservar os postos de traballo que xeran”. Neste senso, a secretaria xeral do SLG lembra que Elena Espinosa prometera que ía manter o plano leiteiro do 2005 durante toda a lexislatura; polo que, agora, a Ministra vén de faltar á súa palabra coas organizacións agrarias, dándolle as costas a todo o sector en Galiza.

Por todo o devandito, o Sindicato Labrego Galego ratifícase na súa máis firme oposición ao plano leiteiro estatal, e fai pública a súa intención de emprender as medidas de forza e mobilizacións que considere necesarias para que o Ministerio de Agricultura reconsidere a súa decisión e lexisle a favor dos intereses da maioría dos gandeiros e gandeiras para quen goberna.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • Crece la producción mundial de leche en 2025 y con previsión de que siga creciendo 12/09/2025
  • ¿Cuál es el precio que han pagado las principales industrias lácteas de la UE en abril? 08/09/2025
  • Vuelven a bajar las entregas y los precios en junio 02/09/2025
  • Italia sube al segundo puesto como mayor exportador mundial de queso 15/07/2025
  • El consumo mundial de lácteos continuará creciendo en la próxima década 11/07/2025
  • España, a la cola de la UE en precio de la leche pese a ser un país deficitario 10/07/2025
  • León: subida de 3 céntimos en el litro de leche mientras las ganaderías siguen en retroceso 10/07/2025
  • El mercado lácteo global se enfría: Rabobank anticipa moderación de precios y aumento de riesgos 07/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo