O “Mini-plan” de Reestructuración do Sector Lacteo concebido polo Goberno socialista perxudica gravemente os intereses dos gandeiros galegos e busca contentar a unha parte deles con promesas de cuota a baixo prezo, nun ano electoral. De feito, os socialistas teñen previsto tramitar as solicitudes no mes de xuño e dar á coñecer os beneficiarios no mes de setembro, xusto cando coidan que será a campaña electoral.
A xuicio da Xóvenes Agricultores-ASAJA Galicia o “miniplan”
monopolista do Goberno —que só durará meses— consiste en que os galegos pasen de producir con estabulación libre a ter as súas vacas atadas á cadea. Os nosos gandeiros estaban afeitos a un mercado libre onde podían adquirir ou vender cota en función das súas necesidades e das súas posibilidades.
Agora o Goberno pretende facerse co monopolio da compra-venda de cota co que deixa ós nosos gandeiros atados de pes e mans, sin deixarlles a posibilidade de abandonar a actividade salvo que o fagan nos 20 días impostos unilateralmente por unha ministra que descoñece o diálogo, carece de talante e só pensa nas eleccións galegas.
O devandito plan basease en fomentar un programa de abandono durante o cal o MAPA mercará cota ós gandeiros que o desexen a un prezo ridículo de 50 céntimos/quilo, cando o actual prezo de merecado é de 0,72 euros.
Si este ano pagan esa cantidade e o ano que ven esta pechado o mercado, é de supoñer que pagaran menos aínda. A segunda parte do plan consistiría en venderlle ós gandeiros a cota que mercou sin pagala, pero cobrandolla por adiantado a quen a solicite. Eso sí, en algúns casos, o comprador recibirá unha cantidad variable de forma gratuita.
A diferencia é que con Gobernos anteriores tódolos compradores recibían gratuitamente unha cantidade semellante á que compraban, co que o quilo de cota saíalle a metade de prezo. En resumen:
1) O Ministerio non fai apenas esforzo económico;
2) Adopta unha actitude intervencionista que impide que cada quen deseñe o futuro da súa explotación; e 3) Elixe ós beneficiarios que quere en pleno ano electoral; .
Santiago, 20 de abril de 2005
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.