• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

UUAA e Xóvenes Agricultores demandan a urxente constitución da mesa sectorial da gandería

Leche 17 Mar 2011 0

As organizacións profesionais agrarias Unións Agrarias e Xóvenes Agricultores reclaman á Xunta de Galicia a urxente constitución da Mesa Sectorial de Gandería co fin de analizar e buscar solucións á “fonda crise económica que vive o sector”. Ambas as dúas organizacións agrarias dirixíronse ao conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, para demandar esta reunión sectorial “á maior brevidade posible”.

Nunha carta ao titular do Medio Rural asinada polos secretarios xerais de XXAA, Francisco Bello, e de UUAA, Roberto García, os dous responsables destacan o mantemento de baixos prezos pagados aos gandeiros e o encarecemento dos custos das materias primas e suministros como causas da difícil situación dos titulares das explotacións galegas que viven e traballan no 87% do territorio da Comunidade.

Para as organizacións agrarias é urxente que se aborde no marco desta mesa específica unha liña de actuación horizontal que xere políticas activas de recuperación contra a regresión e as perdas de poboación e envellecemento, así como o paupérrimo nivel de rendas que apenas acada o 40% da media galega, de acordo coas competencias propias do Executivo galego nestas materias. Non se pode esquecer que a situación económica das explotacións galegas é crítica, dadas as subas de insumos como cereais, carburantes, electricidade, etc que están a comprometer a viabilidade das explotacións que non poden facer fronte aos pagos.

As organizacións agrarias apostan pola posta en marcha dun observatorio permanente de prezos. Este instrumento, que permitirá incrementar a transparencia ao longo da cadea alimentaria e contribuirá a impulsar a competencia e a mellorar a súa resistencia fronte á inestabilidade dos prezos, é unha das recomendacións propostas pola Comisión Europea ao Parlamento Europeo, ao Consello ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións.

Para as organizacións profesionais agrarias, a universalización dos contratos de abastecemento constitúe unha ferramenta que permiten favorecer a transparencia do mercado agroalimentario, ao incluír estipulacións relativas ao tipo de produto, cantidade, calidade, calendario de entrega, prezos, condicións de pagamento, etc. que foron acordadas por organizacións interprofesionais recoñecidas ou por organizacións representativas da produción, por unha parte, e da transformación e comercialización por outra. Neste sentido, Unións Agrarias e Xóvenes Agricultores demandan ante a Consellería do Medio Rural a implantación de contratos homologados nas producións máis significativas de Galicia, en especial ás amparadas por selos de calidade: D.O. de viño, D.O. de queixo, I.X.P. Ternera Gallega, e a I.X.P. de produtos de da horta, entre outras.

Finalmente, UUAA e XXAA demandan do departamento de Samuel Juárez avanzar na política de concentracións parcelarias e na mobilidade de terras de cara a conseguir unha maior vertebración da propiedade e uso da terra en Galicia e resolver unha dos grandes eivas do sistema produtivo agroalimentario galego como é a falta de base territorial eficiente dispoñible.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Rabobank anticipa un frenazo en la producción láctea mundial en 2026
Leche3 Jul 2026

Rabobank anticipa un frenazo en la producción láctea mundial en 2026

Manhattan se rinde a las tablas de queso español
Leche3 Jul 2026

Manhattan se rinde a las tablas de queso español

Tres lácteos al día, la recomendación que ahora tiene detrás treinta años de evidencia
Leche12 Jun 2026

Tres lácteos al día, la recomendación que ahora tiene detrás treinta años de evidencia

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

¿Quieres estar al día de toda la actualidad del campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar