• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

UUAA reclama axudas para resementar a zona afectada

Vacuno 3 Mar 2014 0

O secretario de Agricultura e Gandería de UUAA, Xosé Ramon González, vén de reunirse co subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García para informalo da gravidade da situación que están atravesando os produtores ourensáns tras o paso da cadea de temporais dos meses de xaneiro e febreiro.

No marco do encontro o responsable sindical fixo fincapé na importancia de habilitar axudas urxentes de circulante para que os agricultores poidan afrontar os custes dunha nova sementeira posto que toda a produción que estaba na terra esta botada a perder.

Do contrario o sindicato Unións Agrarias advirte que esta catástrofe pode levarse por diante a moitos produtores que non poden soportar as perdas se non se habilitan medidas como a condonación das cotas da Seguridade Social dos afectados. Por outro lado Galicia insiste en se que adapte a realidade da súa produción agrogandeira os modelos de seguros agrarias, xa que os existen no mercado non recollen as súas necesidades.

Lembrar que pola peritaxe que están realizando os técnicos das oficinas de Unións Agrarias en Ourense, a magnitude dos danos nas explotacións agrogandeiras xa pode estar superando os 6 millóns de euros. Nesta cuantificación destaca as perdas que están sufrindo os produtores de cereal cunha incidencia que pode roldar xa os 3 millóns de euros.

Tamén son intensos os danos da gandería tanto bovina como ovina e caprina, xa que a intensidade das choivas fixo que a colleita de forraxe se atope moi comprometida e os prados e pasteiros estragados pola cantidade de auga que soportan. Esta situación está provocando que os gandeiros teñan que acudir a comprar pensos e concentrados para poder darlles de comer aos animais. Un sobrecoste que pode superar os 2 millóns de euros.

Finalmente tamén na horta se está notando a incidencia do mal tempo, tanto polos estragos sufridos nas infraestruturas de invernadoiros como polos atrasos que se están dando nas sementeiras da pataca temperán, que é que ten mellor saída no mercado. Un escenario que pode roldar danos e perdas por valo de 1 millón de euros.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Google protege la privacidad de las vacas (sin querer)
Vacuno31 Jul 2026

Google protege la privacidad de las vacas (sin querer)

Unió de Pagesos pide ayudas urgentes para el vacuno de cebo
Vacuno30 Jul 2026

Unió de Pagesos pide ayudas urgentes para el vacuno de cebo

El vacuno se hunde a la sombra de Marruecos y Líbano
Vacuno29 Jul 2026

El vacuno se hunde a la sombra de Marruecos y Líbano

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar